Este ano no Centro de día "O Agarimo" quixemos aproveitar esta data tan sinalada no calendario dos mozos e das mozas para elaborar unhas pequenas rosas vermellas coas que poder agasallar aos nosos familiares.
Con este pequeno e sinxelo agasallo queremos facerlle ver a todos os que nos rodean, que o amor ten múltiples xeitos de demostrarse pero que, sobretodo, nunha data tan sinalada como a de San Valentín, queremos reivindicar que o amor non ten idade. Queirámonos máis!!!