Este ano celebramos o magosto cos nosos queridos usuarios sen esquecernos dos que non puideron asistir por problemas de saúde. Pasamos un día diferente con actividades relacionadas con esta festa e cunha comida moi especial na que destacaron a costilla e os chourizos asados e as raíñas da festa: as castañas. A festa foi completa grazas as pandereteiras Celavella que amenizaron a tarde cos seus cantos tradicionais. Foi unha gran festa!!!