O ENTROIDO
Chegou o Entroido e os usuarios do Centro de día "O Agarimo" non quixeron deixar pasar a posibilidade de disfrutar desta festa tan característica da nosa provincia.
Para iso, durante días, estiveron confeccionando os seus propios disfraces, con gran desenvolvemento persoal e con moitas gañas de lograr un bo difrace. O resultado, a vista das imaxes, foi espectacular!!!
Con todo, o que non quedou totalmente retratado nestas imaxes foi o ambiente de alegría, diversión e de festa rachada que caracterizou a toda esta xornada no centro de día, na cal os usuarios puideron disfrutar con diversos xogos, con bailes e cantigas propias destas datas e, tamén, cunha riquísima chocolatada con churros.
Por moitos anos máis, que viva o Entroido!